martes, 1 de abril de 2014

VIVINDO EMOCIÓNS

http://artevia.com/blog/manifiesto-y-tabla-periodica-de-las-emociones/
"Vivindo emocións" é unha guía básica para desenvolverse no apaixonante mundo das emocións. Parte dunha premisa clara; as emocións son enerxía humana, polo tanto, nin se crean nin se destrúen; só transfórmanse.

A guía componse do "Manifesto das emocións", un documento que proporciona unhas pinceladas clave para usar a emoción dun modo efectivo no noso traballo, e mesmo na nosa vida.

E da "Táboa periódica das emocións", onde se presentan todas as emocións como elementos químicos. Dende esta táboa podemos elixir as emocións, alterar os seus valores e mesturalas ao noso gusto para xerar interese e empatía. Cada emoción está enlazada a unha páxina web onde se pode ler a súa definición e buscar sinónimos e antónimos.Vivindo emocións

No hay comentarios:

Publicar un comentario