Mostrando entradas con la etiqueta dia da paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia da paz. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de enero de 2019

UN MUNDO DE CORES! DIA DA PAZ

“UN MUNDO DE CORES ” quere transmitir a idea de que, como o arco da vella, cada persoa é única. Aínda que a cor da pel, a forma dos ollos, os costumes que temos, as cousas que comemos…. fannos especiais, todos e todas as persoas temos sentimentos, pensamentos, esperanzas e soños. Fagamos a cotío pequenas accións que debuxen un mundo cheo de cor! Nós, os nenos e nenas de Chans queremos axudar a pintar un mundo de cores enviando a todos os nenos doutros lugares as nosas mensaxes de amabilidade, de paciencia, de cordialidade, de esforzo no traballo, de diálogo, de cooperación….. Xuntos e xuntas debuxaremos un fermoso arco da vella con todos estes desexos.
  A paz comeza polas cousas pequenas e hai que celebrala toso os dias do ano. Premendo n apalabra "Paz" atoparás nunhas curtametraxes que nos axudarán a por paz nas nosas vidas:


A COLECCIONISTA DE PALABRAS

http://issuu.com/cuento_de_luz/docs/coleccionista_de_palabras_issuu
Un conto moi bo para traballar no Día da Paz. Lúa decátase que as palabras maravillosas e extraordinarios estan a piques de desaparecer.
La coleccionista de palabras
Proposta de actividade 
As palabras contan (Chans Bembrive)
"Cupones" para repartir

lunes, 29 de enero de 2018

AS CORES DA PAZ

Con motivo da celebración do Día da Paz os nenos/as de Chans descubrimos que a cor da paz é a cor das emocións que nos fan sentir ben: gratitude, xenerosidade, tranquilidade..Co poder da nosa imaxinacións podemos debuxar a escola que desexamos e enchela de cores luminoss que nos inspiren a ser mellores persoas
As cores da paz