O blogue dun grupo de mestres/as do CEIP de Chans Bembrive que soñan con humanizar a escola: "Cando non podo cambiar as circunstancias, cambio a miña actitude"
Mostrando entradas con la etiqueta dias especiais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dias especiais. Mostrar todas las entradas
domingo, 8 de marzo de 2020
FELIZ DÍA DA MULLER!
Preme na imaxe e atoparás frases de grandes mulleres da historia.
Mulleres na historia
Grazas a todas esas mulleres tan especiais que dun xeito ou outro forman parte da miña vida.
sábado, 15 de febrero de 2020
DIA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO INFANTIL:15 FEBREIRO
A asociación Bicos de papel xurde en Vigo para axudar e apoiar ás familias e aos nenos/as que estan padecendo esta enfermidade. Colabora para que o tempo que pasen estes nenos/as no hospital sexa o máis divertido e normal posible
Bicos de papel
Bicos de papel
viernes, 14 de febrero de 2020
SAN VALENTIN:DIA DO AMOR E DA AMIZADE
Con motivo da celebración do Día do Amor e Amizade, propoñemosvos a actividade do Amor do Proxecto Emocionario.
O AMOR
E a peza musical asociada a esta emoción
Sueño de Amor (Franz Liszt)
O AMOR
E a peza musical asociada a esta emoción
Sueño de Amor (Franz Liszt)
jueves, 21 de noviembre de 2019
25 NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A comunidade escolar do CEIP de Chans Bembrive, consciente da discriminación persistente que están a sufrir moitas mulleres, queremos manifestar o noso firme rexeitamento a calquera tipo de violencia de xenero e unir as nosas forzas para loitar pola equidade e igualdade.
miércoles, 13 de febrero de 2019
lunes, 28 de enero de 2019
UN MUNDO DE CORES! DIA DA PAZ
“UN MUNDO DE CORES ” quere transmitir a idea de que, como o arco da vella, cada persoa é única. Aínda que a cor da pel, a forma dos ollos, os costumes que temos, as cousas que comemos…. fannos especiais, todos e todas as persoas temos sentimentos, pensamentos, esperanzas e soños. Fagamos a cotío pequenas accións que debuxen un mundo cheo de cor!
Nós, os nenos e nenas de Chans queremos axudar a pintar un mundo de cores enviando a todos os nenos doutros lugares as nosas mensaxes de amabilidade, de paciencia, de cordialidade, de esforzo no traballo, de diálogo, de cooperación….. Xuntos e xuntas debuxaremos un fermoso arco da vella con todos estes desexos.
A paz comeza polas cousas pequenas e hai que celebrala toso os dias do ano. Premendo n apalabra "Paz" atoparás nunhas curtametraxes que nos axudarán a por paz nas nosas vidas:
A paz comeza polas cousas pequenas e hai que celebrala toso os dias do ano. Premendo n apalabra "Paz" atoparás nunhas curtametraxes que nos axudarán a por paz nas nosas vidas:
lunes, 7 de mayo de 2018
FELIZ DIA DAS NAIS
Regalar bicos e coñecer a súa cor é o que Pablo, o pequeno protagonista do noso conto desexa saber. A súa nai sempre disposta a contestar todas as súas preguntas e inquietudes fálalle deses bicos: substanciosos e cheos de vitaminas, cálidos e intensos como o brillo do sol, aqueles que fan cóxegas nas orellas, os que se moven ao ritmo da música, longos e azuis como o ceo, deses que nunca se rematan, bicos misteriosos que nos consolan cando estamos tristes e confundidos, bicos brancos como o que se deron todas as cores para dar vida ao Arco da vella
Unha morea de tarefas que facer levan a que unha nai chegue ao colapso. Unha oda á importancia de compartir tarefas para crear ligazóns na unidade familiar
Unha morea de tarefas que facer levan a que unha nai chegue ao colapso. Unha oda á importancia de compartir tarefas para crear ligazóns na unidade familiar
domingo, 22 de abril de 2018
DIA DO LIBRO
Se cambiamos o xeito de ver as cousas, as cousas cambiar de forma.
Ler é crear
Crer é crear
Crear é medrar
Feliz día do libro!
Cantando emocións:
Ler é crear
Crer é crear
Crear é medrar
Feliz día do libro!
Cantando emocións:
martes, 20 de marzo de 2018
viernes, 18 de noviembre de 2016
SUPERANDO OS MEDOS.FELIZ SAMAIN
Ideas xeniais para axudar a superar os medos: Preme na imaxe
Unha cortometraxe especial para "O Día dos Mortos"
Unha cortometraxe especial para "O Día dos Mortos"
martes, 1 de diciembre de 2015
A CÁPSULA DO TEMPO
Por mor da Celebración do Dias dos Dereitos dos nenos/as, o alumnado de 4º e 5º de primaria participamos na proposta de Unicef "A cápsula do tempo" Despois de reflexionar sobre as cousas que nos gustan deste mundo e as cousas que se poderian mellorar, escribimos os nosos desexos e os nosos compromisos persoais e os introducimos na "Cápsula do tempo" que se abrirá no ano 2030. Ogallá para aquela todos/as os nenos/as do mundo tengan os mesmos dereitos. Temos dereitos, asumimos responsabilidades.
domingo, 7 de septiembre de 2014
PEQUENOS CONSELLOS PARA UN NOVO CURSO
Deséxovos un curso cargado de todos estes ingredientes. Sorrie e goza do día a día
Pequenos Consellos
Pequenos Consellos
domingo, 19 de enero de 2014
domingo, 21 de abril de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








