lunes, 10 de diciembre de 2018

A OUTRA CARTA AOS REIS MAGOS

Dous vídeos para facernos reflexionar sobre os agasallos que realmente fan felices aos nenos e nenas nestas datas.Aínda que non o pidan!!! Emocionantes!

UN NADAL CON EMPATIA

Que sería un Nadal sen amizade?

jueves, 22 de noviembre de 2018

BOS DESEXOS CON LINGUAXE DE SIGNOS

Feliz día da música Os meus mellores desexos de que expresedes cantando o que non podedes dicircon palabras

Preme na imaxe e agarima a túa alma


martes, 20 de noviembre de 2018

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

O 20 de Novembro é o  Día dos Dereitos dos nenos e nenas, unha boa oportunidade para reflexionar  sobre o feito de que "Temos dereitos e asumimos responsabilidades".
Recursos para traballar na aula

jueves, 8 de noviembre de 2018

A VECES NA VIDA...

Ninguén se libra de ter que afrontar na vida situacións adversas...A práctica do Mindfulness pode axudarte a poder decidir como queres sentirte

domingo, 7 de octubre de 2018

A ATENCIÓN PLENA


Entrenando a mente : "So cando temos percorrido un camiño podemos guiar a outros2.Os mestres precisamos formación para poder acompañar aos nenos/as nas súas vivencias de atención plena

MINFULNESS:PRIMEIROS PASOS

Un breve exercicio en forma de audio que mos guia no proceso de viaxar profundo e conectar co noso mestre interior
Mindfulness:primeiros pasos
Máis exercicios mprácticos que te axudan a vivir plenamente:
Conciencia plena

miércoles, 12 de septiembre de 2018

CONTOS E EMOCIONS

Xa de volta á escola. Espéranos un curso cheo de lecturas emocionantes: Ler en familia e educar nas emocións ten moitos beneficios , Contos emocionantes

jueves, 5 de julio de 2018

QUE ALEGRIA!

E chegaron as vacacións, Todos/as merecemos gozar deste merecido descanso e enchernos de experiencias satisfactorias e positivas. Feliz verán

lunes, 7 de mayo de 2018

FELIZ DIA DAS NAIS

Regalar bicos e coñecer a súa cor é o que Pablo, o pequeno protagonista do noso conto desexa saber. A súa nai sempre disposta a contestar todas as súas preguntas e inquietudes fálalle deses bicos: substanciosos e cheos de vitaminas, cálidos e intensos como o brillo do sol, aqueles que fan cóxegas nas orellas, os que se moven ao ritmo da música, longos e azuis como o ceo, deses que nunca se rematan, bicos misteriosos que nos consolan cando estamos tristes e confundidos, bicos brancos como o que se deron todas as cores para dar vida ao Arco da vella


 Unha morea de tarefas que facer levan a que unha nai chegue ao colapso. Unha oda á importancia de compartir tarefas para crear ligazóns na unidade familiar


domingo, 22 de abril de 2018

DIA DO LIBRO

Se cambiamos o xeito de ver as cousas, as cousas cambiar de forma.
Ler é crear
Crer é crear
Crear é medrar
Feliz día do libro!



Cantando emocións:

martes, 20 de marzo de 2018

viernes, 16 de marzo de 2018

TRABALLANDO A EMPATIA

A empatía é unha habilidade  fundamental na prevención da violencia e para ter unhas relacións interpersoais máis satisfactorias . Aqui tendes recursos para traballala na aula.
A empatía

lunes, 12 de marzo de 2018

CLASES DE IOGA PARA A AULA

Cosmic kids pon unha serie de videos ao teu servizo por se queres introducir a experiencia do Ioga na túa aula

jueves, 8 de marzo de 2018

DEAR BASKETBALL

Aqui tendes unha curtametraxe animada dirixida por Kobe Bryan egañadora dos Óscars á mellor curtametraxe de animación 2018. Narra a historia do neno Kobe que soña con ser xogador da NBA.

"Dear Basketball" - Film - Subtitulado from TITOSPORT, Servicios deportivos on Vimeo.

FELIZ DÍA DA MULLER!



Preme na imaxe e  atoparás  frases de grandes mulleres da historia.
Mulleres na historia
Grazas a todas esas mulleres tan especiais que dun xeito ou outro  forman parte da    miña vida.


 

lunes, 26 de febrero de 2018

jueves, 15 de febrero de 2018

DIA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO INFANTIL:15 FEBREIRO

A asociación Bicos de papel xurde en Vigo para axudar e apoiar ás familias e aos nenos/as que estan padecendo esta enfermidade. Colabora para que o tempo que pasen estes nenos/as no hospital sexa o máis divertido e normal posible
Bicos de papel



Cando as pelexas se convirten en mellores oportunidades para mostrar o mellor de cada un

miércoles, 14 de febrero de 2018

SAN VALENTIN:DIA DO AMOR E DA AMIZADE

Con motivo da celebración do Día do Amor e Amizade, propoñemosvos a actividade do Amor do Proxecto Emocionario.
O AMOR
E a peza musical asociada a esta emoción
Sueño de Amor (Franz Liszt)






 

http://cambiopolitico.com/cuentos-para-crecer-corazon-de-madre/34805/
 

EL AMOR

Unha curtametraxe que encher de maxia este día!Feliz día do Amor!

lunes, 29 de enero de 2018

UN MUNDO DE CORES! DIA DA PAZ

“UN MUNDO DE CORES ” quere transmitir a idea de que, como o arco da vella, cada persoa é única. Aínda que a cor da pel, a forma dos ollos, os costumes que temos, as cousas que comemos…. fannos especiais, todos e todas as persoas temos sentimentos, pensamentos, esperanzas e soños. Fagamos a cotío pequenas accións que debuxen un mundo cheo de cor! Nós, os nenos e nenas de Chans queremos axudar a pintar un mundo de cores enviando a todos os nenos doutros lugares as nosas mensaxes de amabilidade, de paciencia, de cordialidade, de esforzo no traballo, de diálogo, de cooperación….. Xuntos e xuntas debuxaremos un fermoso arco da vella con todos estes desexos.
 

A paz comeza polas cousas pequenas e hai que celebrala toso os dias do ano. Premendo n apalabra "Paz" atoparás nunhas curtametraxes que nos axudarán a por paz nas nosas vidas:



A COLECCIONISTA DE PALABRAS

http://issuu.com/cuento_de_luz/docs/coleccionista_de_palabras_issuu
Un conto moi bo para traballar no Día da Paz. Lúa decátase que as palabras maravillosas e extraordinarios estan a piques de desaparecer.
La coleccionista de palabras
Proposta de actividade 
As palabras contan (Chans Bembrive)
"Cupones" para repartir

AS CORES DA PAZ

Con motivo da celebración do Día da Paz os nenos/as de Chans descubrimos que a cor da paz é a cor das emocións que nos fan sentir ben: gratitude, xenerosidade, tranquilidade..Co poder da nosa imaxinacións podemos debuxar a escola que desexamos e enchela de cores luminoss que nos inspiren a ser mellores persoas
As cores da paz

domingo, 28 de enero de 2018

EMOTICANTOS

https://www.youtube.com/results?search_query=emoticantos
A música é un ha boa ferramenta para " mover" as nosas emocións. Aqui tendes o canal "Emoticantos" para axudarvos a expresar o que sentimos cantando .Emoticantos

domingo, 7 de enero de 2018

CONSTRUÍNDO BENESTAR NA ESCOLA DE CHANS


Este curso afrontamos un reto moi interesante: construír benestar na nosa escola.Pero...

Que é o benestar? Que se entende por benestar na educación? Que se entende por benestar na sociedade? O benestar non é máis que a suma de felicidade, seguridade en ti mesmo, realización persoal, autoestima, bondade, saúde, unha vida con sentido, equilibrio persoal, etc. Queremos traballar neste eido, queremos axudar a que todos e todas os que formamos esta escola sexamos un pouco máis felices


Aqui tendes unha presentacion sobre o noso proxecto. Benestar en Chans

Tamen podedes acceder ao banco de recursos premendo na imaxe: Recursos para o benestar


miércoles, 29 de noviembre de 2017

jueves, 16 de noviembre de 2017

MELLORANDO A CONCENTRACIÓN

/
Vivimos en contornas onde cada vez é máis dificiñl concentrarse., Ainda que non o pareza, a concentración é unha actividade cognitiva que se desenvolve razoando. cando temos boas habilidades para concentrarnos aumentamos a eficacia no traballo e o facemos dun xeito máis agradable.O blogue "crear salud" presentanos estes dez exercicios que te axudarán a mellorar a túa capacidade de centrarte no que desexes.
Exercicios para mellorar a concentración

lunes, 6 de noviembre de 2017

RESPIRA

Deixovos este libro "Respira" de  Inés Castell-Branco que recolle exercicios de interiorización e respiración consciente

lunes, 16 de octubre de 2017

GUÍA BÁSICA DE MINDFULNESS

Unha breve guía de atención plena que nos axudará a dirixir a nosa vidqa dende a calma, virtude  que tanto precisamos o profesorado
Guía básica de mindfulness

EDUCACION EMOCIONAL NAS AULAS

Recursos e actividades para traballar a Intelixencia Emocional nas aulas." La Escuela de la Alegria" oferta a posibilidade de crear un proxecto emocional persoalizado para a túa escola.
Proxecto de Educación Emocional

lunes, 11 de septiembre de 2017

viernes, 8 de septiembre de 2017

domingo, 14 de mayo de 2017

ENSINANDO MINDFULNESS

O mellor xeito de ensinar mindfulness é practicalo nos memos e integralo na nosa vida. Aqui atoparás dez actividades moi  sinxelas e divertidas para ensinar mindfulness aos nenos/as. Mindfulness nas aulas

UNHA LECCIÓN NAS NUBES

Esta marabillosa curta animada titulada "Unha lección nas nubes" captura un momento de aprendizaxe básica entre un avó e o seu neto. Educar non é encher a mente, senón expandila. Unha lección nas nubes

lunes, 24 de abril de 2017

VACIO

"Vacio"de Anna LLenas é un libro que nos fala da resiliencia e da capacidade de encontrarlle un sentido á vida cando nos atopamos con dificultades. Para celebrar o día do libro pode ser una lectura moi inspiradora

domingo, 23 de abril de 2017

MINDFULNESS NAS AULAS

Estas nactividades poden inspirar as túas sesións de Mindfulness ess na aula.

CONTOS EMOCIONANTES

Achégate a máis de 50 contos que falan sobre emocións  e que axudarán aos nenos/as a coñecerse mellor e a ter relacións máis satisfactorias.
Contos sobre emocións

miércoles, 29 de marzo de 2017

QUEN BEN TE QUERE

Nesta guía (editada por Save the children) atoparedes boa información que vos axudará a coñecer mellor aos nenos/as e a educalos en positivo.
Quen ben te quere

domingo, 19 de marzo de 2017

CONTO PARA PENSAR:O BANBÚ XAPONÉS

Un conto xaponés  que nos fará reflexionar sobre a importancia da paciencia e o saber esperar  :El bambú japonés

MINDFULNESS NA AULA

As actividades de "atención plena" constituen unha ferramenta moi potente para aprender a focalizar a atención nas sensaciósn externas e internas. A partir de unha serie de actividades creativas (exercicios de respiración, mantras, cancións, ximnasia cerebral, aromaterapia, masaxes, visualizacións,...) os  nenos e nenas van adquirindo habilidades fundamentais para o seu benestar e o benestar das persoas do seu circulo : empatia, xenerosidade, amabilidade...e maiort capacidade para calmarse cando se sinten  molestos. Dende o blogue ·A escola de sentimentos" do CEP Rocio (Vigo) podemos acceder a unha boa compilación destas actividades. Actividades Mindfulness

NA BUSCA DE VALENTES

Búscanse nenos e nenas valentes e con coraxe que teñan forza no corazón

UN BOSQUE TRANQUILO

Un video conto do libro "un bosque tranquilo"(mindfulness para nenos/as) que supón unha ferramenta moi útil para comezar a tomar consciencia da importancia que ten a atención na nosa vida cotiá
 

martes, 7 de febrero de 2017

domingo, 22 de enero de 2017

ALIKE

Alike é unha curtametraxe animada que trta como Copi, un pai coa vida axetreada que temos hoxe en día intenta ensiñarlle ao seu fillo Paste  o camiño correcto,,,pero que é o correcto?

jueves, 12 de enero de 2017

AS ESPERAS

Un vídeo que nos deixa unha importante lección sobre a felicidade. Qué estás esperando?

viernes, 30 de diciembre de 2016

CON OLLOS DE ARTISTA

Un bo xeito de comezar un novo ano é aprendende a "mirar con outros ollos" . Seguro que atoparemos máis de 2017 oportunidades para ser felices. Deixa que a maxia suceda. Feliz 2017!!

domingo, 11 de diciembre de 2016

CONTOS CURTOS CON VALORES

http://www.cuentosinfantilesconvalores.com/?m=0
Dende este blogue podedes acceder a un compilatorio de contos curtos  en inglés e castelá con valores e mensaxes que invitan á reflexión
Contos curtos

sábado, 10 de diciembre de 2016

LILY E O BONECO DE NEVE

"Saca tempo para o que amas" é a mensaxe deste vídeo que nos lembra que pese aos cambios e o paso do tempoi nunca hai que esquecer o que realmente mos fai felices e sempre esta aí cando o precisemos.

domingo, 4 de diciembre de 2016

APOSTA POR UN NADAL AMABLE

https://drive.google.com/file/d/0B6RVQUlqQKxBbFJoZHZLX1lfY1E/view?usp=sharing
Emmarcada no proxecto deste curso "Con ollos de artista", a actividade "A cor do Nadal é a cor da amabilidade" pretende continuar apostando polas condutas prosociais que axuden a crear un bo clima de convivencia na escola. Comecemos polos mestres/as para poder ofrecerlles aos nosos alumno/as a mellor versión de nos mesmos.Un bo xeito de prepararnos para o Nadal. Sé amable!

lunes, 28 de noviembre de 2016

sábado, 19 de noviembre de 2016

CONTACONTOS

https://www.youtube.com/watch?v=9hFw1dMMG9s
Beatriz Montero deixanois no seu canal  unha manchea de contos e recursos de contido socioemocional  que axudarán aos nenos e nenas a medrar no sentido máis amplo da palabra
Contacontos

viernes, 18 de noviembre de 2016

SUPERANDO OS MEDOS.FELIZ SAMAIN

Ideas xeniais para axudar a superar os medos: Preme na imaxe

http://blog.tiching.com/7-ideas-geniales-para-ayudar-superar-miedos-infantiles/










 Unha cortometraxe especial para "O Día dos Mortos"

martes, 8 de noviembre de 2016

QUE É MINDFULNESS

Como explicarlle aos teus alumnos/as que é o mindfulness e os beneficios para o corpo e mente