viernes, 18 de enero de 2013

O TDHA NA EDUCACIÓN PRIMARIA

Os centros educativos atópanse co desafío de capacitarse para promover e dar apoio á participación e aprendizaxe de todo o seu alumnado e aqueles que presentan dificultades, como sucede no alumnado con TDAH, non poden ser unha excepción. Antes que mirar o síntoma ou o hándicap que un alumno presenta, temos que nos fixar nese neno globalmente, como persoa complexa que é, confiando nas súas capacidades e posibilidades, e acompañando todo iso de mensaxes e avaliacións escolares que valoren o proceso e as evidencias de mellora, en lugar de ter unicamente en conta os resultados sen máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario