domingo, 14 de mayo de 2017

ENSINANDO MINDFULNESS

O mellor xeito de ensinar mindfulness é practicalo nos memos e integralo na nosa vida. Aqui atoparás dez actividades moi  sinxelas e divertidas para ensinar mindfulness aos nenos/as. Mindfulness nas aulas

UNHA LECCIÓN NAS NUBES

Esta marabillosa curta animada titulada "Unha lección nas nubes" captura un momento de aprendizaxe básica entre un avó e o seu neto. Educar non é encher a mente, senón expandila. Unha lección nas nubes

lunes, 24 de abril de 2017

VACIO

"Vacio"de Anna LLenas é un libro que nos fala da resiliencia e da capacidade de encontrarlle un sentido á vida cando nos atopamos con dificultades. Para celebrar o día do libro pode ser una lectura moi inspiradora

domingo, 23 de abril de 2017

MINDFULNESS NAS AULAS

Estas nactividades poden inspirar as túas sesións de Mindfulness ess na aula.

CONTOS EMOCIONANTES

Achégate a máis de 50 contos que falan sobre emocións  e que axudarán aos nenos/as a coñecerse mellor e a ter relacións máis satisfactorias.
Contos sobre emocións

miércoles, 29 de marzo de 2017

QUEN BEN TE QUERE

Nesta guía (editada por Save the children) atoparedes boa información que vos axudará a coñecer mellor aos nenos/as e a educalos en positivo.
Quen ben te quere

domingo, 19 de marzo de 2017

CONTO PARA PENSAR:O BANBÚ XAPONÉS

Un conto xaponés  que nos fará reflexionar sobre a importancia da paciencia e o saber esperar  :El bambú japonés

MINDFULNESS NA AULA

As actividades de "atención plena" constituen unha ferramenta moi potente para aprender a focalizar a atención nas sensaciósn externas e internas. A partir de unha serie de actividades creativas (exercicios de respiración, mantras, cancións, ximnasia cerebral, aromaterapia, masaxes, visualizacións,...) os  nenos e nenas van adquirindo habilidades fundamentais para o seu benestar e o benestar das persoas do seu circulo : empatia, xenerosidade, amabilidade...e maiort capacidade para calmarse cando se sinten  molestos. Dende o blogue ·A escola de sentimentos" do CEP Rocio (Vigo) podemos acceder a unha boa compilación destas actividades. Actividades Mindfulness

NA BUSCA DE VALENTES

Búscanse nenos e nenas valentes e con coraxe que teñan forza no corazón

UN BOSQUE TRANQUILO

Un video conto do libro "un bosque tranquilo"(mindfulness para nenos/as) que supón unha ferramenta moi útil para comezar a tomar consciencia da importancia que ten a atención na nosa vida cotiá
 

martes, 7 de febrero de 2017

domingo, 5 de febrero de 2017

domingo, 22 de enero de 2017

ALIKE

Alike é unha curtametraxe animada que trta como Copi, un pai coa vida axetreada que temos hoxe en día intenta ensiñarlle ao seu fillo Paste  o camiño correcto,,,pero que é o correcto?

jueves, 12 de enero de 2017

AS ESPERAS

Un vídeo que nos deixa unha importante lección sobre a felicidade. Qué estás esperando?

viernes, 30 de diciembre de 2016

CON OLLOS DE ARTISTA

Un bo xeito de comezar un novo ano é aprendende a "mirar con outros ollos" . Seguro que atoparemos máis de 2017 oportunidades para ser felices. Deixa que a maxia suceda. Feliz 2017!!

domingo, 11 de diciembre de 2016

CONTOS CURTOS CON VALORES

http://www.cuentosinfantilesconvalores.com/?m=0
Dende este blogue podedes acceder a un compilatorio de contos curtos  en inglés e castelá con valores e mensaxes que invitan á reflexión
Contos curtos

sábado, 10 de diciembre de 2016

LILY E O BONECO DE NEVE

"Saca tempo para o que amas" é a mensaxe deste vídeo que nos lembra que pese aos cambios e o paso do tempoi nunca hai que esquecer o que realmente mos fai felices e sempre esta aí cando o precisemos.

domingo, 4 de diciembre de 2016

APOSTA POR UN NADAL AMABLE

https://drive.google.com/file/d/0B6RVQUlqQKxBbFJoZHZLX1lfY1E/view?usp=sharing
Emmarcada no proxecto deste curso "Con ollos de artista", a actividade "A cor do Nadal é a cor da amabilidade" pretende continuar apostando polas condutas prosociais que axuden a crear un bo clima de convivencia na escola. Comecemos polos mestres/as para poder ofrecerlles aos nosos alumno/as a mellor versión de nos mesmos.Un bo xeito de prepararnos para o Nadal. Sé amable!